EMail  Contrasinal 

Actividades


24/04/2023

3º ESO B e PDC: Iniciación deportiva ó pádel

Entre as 8:30 e as 12:30 h do luns 24 de abril, o alumnado de 3º de ESO B e PDC participará nunha xornada de iniciación ó pádel en Lugo. A actividade está organizada polo Departamento de Educación Física e o alumnado estará acompañado por Juan Carlos Peón e Manuel Pérez.

21/04/2023

ESO e BAC: TEATRO FRANCÉS

Entre as 12:10 e as 14:30 do venres 21 de abril, parte do alumnado de Francés de 3º ESO B, 4º ESO, 1º e 2º de BAC desprazarase á Facultade de Veterinaria de Lugo para asistir á representación da obra "Lupin". A actividade está organizada polo departamento de Francés e o alumnado estará acompañado por José M. González, Ángeles Serrano e María Hombreiro.

20/04/2023

4º ESO: Charla apostas deportivas e vídeo-xogos

O xoves 20 de abril o alumnado de 4º de ESO asistirá a unha charla do Plan de Convivencia e Seguridade nos centros educativos acerca de as postas deportivas e os vídeo-xogos. Terá lugar na aula de novos medios e o alumnado deberá estar acompañado polos seus profesores.

20/04/2023

1º BAC: Charla criptomoedas e NFT

O xoves 20 de abril o alumnado de 1º de BAC asistirá a unha charla do Plan de Convivencia e Seguridade nos centros educativos acerca das criptomoedas e NFT. Terá lugar na aula de novos medios e o alumnado deberá estar acompañado polos seus profesores.

14/04/2023

3º de ESO: Viaxe cultural a Madrid

Os días 14 e 15 de abril, 22 alumnos de 3º de ESO participarán nunha viaxe cultural á cidade de Madrid. A actividade está organizada polo departamento de Relixión e os alumnos estarán acompañados por Silvia Losada e Eva Ríos.

11/04/2023

3º ESO: Concerto didáctico

Entre as 11:20 e as 14:10 horas do martes 11 de abril, o alumnado de 3º de ESO asistirá a un concerto didáctico "Universo Reich". A actividade, organizada polo departamento de música, terá lugar no auditorio municipal Gustavo Freire e o alumnado estará acompañado por Esperaza Iglesias e outro profesor.

30/03/2023

2º ESO: Iniciación á escalada

Entre as 11:15 e as 14:20 horas do xoves 30 de marzo, o alumnado de 2º de ESO participará nunha xornada de iniciación á escalada en rocódromo. A actividade, organizada polo departamento de Educación Física, terá lugar en Rocolugo (Pazo de Feiras de Lugo) e o alumando estará acompañado por Juan Carlos Peón e Manuel Pérez.

30/03/2023

4º ESO: Charla informativa ciclos formativos

Entre as 11:25 e as 12:15 horas do xoves 30 de marzo, parte do alumnado de 4º de ESO asistirá a unha charla informativa acerca da oferta de ciclos formativos en el IES Lois Peña Novo da localidade de VIlalba. A actividade, organizada polo departamento de Orientación e a titoría de 4º B, terá lugar na aula de referencia de 4º B.

30/03/2023

4º ESO, 1º e 2º BAC: Visita a empresas.

Entre as 9:00 e as 14:00 horas do xoves 30 de marzo parte do alumnado de 4º ESO, 1º e 2º BAC realizará unha visita a dúas empresas, dentro do programa do Campus de Emprendemento Sostible da Deputación de Lugo. A actividade está organizada polo departamento de Economía e o alumnado estará acompañado por Montserrat Penedo.