1º ESO: Iniciación á escalada
Debido á folga de transporte convocada para o venres 31, foi necesario modificar a data da actividade de iniciación á escalada en rocódromo para 1º de ESO. Terá lugar entre as 8:30 e as 11:20 horas do xoves 30 de marzo. A actividade, organizada polo departamento de Educación Física, terá lugar en Rocolugo (Pazo de Feiras de Lugo) e o alumando estará acompañado por Juan Carlos Peón e Manuel Pérez.