EMail  Contraseña 

4º ESO, 1º e 2º Bac: Charla programa A Ponte


Entre as 11:25 e as 12:15 horas do xoves 2 de abril, os alumnos de Física e Ciencias de 4º ESO, 1º e 2º Bac asistirán á charla do Programa A Ponte da USC "Modelos Matemáticos: Unha axuda para entender e explicar a realidade" a cargo de Miguel A. Vilar Rivas (Dpto. de Matemáticas Aplicadas. Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo). A actividade, organizada polo departamento de Matemáticas, terá lugar na aula de novos medios do centro e os alumnos estarán acompañados por Suso Manteiga e Samuel Castro.